jueves, 31 de mayo de 2012


SKATEBOARD
Hoxe bos bou falar do skateboarding. O Skateboarding é un deporte que consiste en deslizarse sobre unha táboa con rodas e realizar trucos, moitos deles levantando a táboa e facendo números e piruetas con ela no aire. Está relacionado co surf, cultura de rúa, co arte urbana, pero moitos skaters só patiñan en rúas ou prazas.
Este deporte foi desenvolvido a principios dos anos 1960, como un substituto para a táboa no chan, añadindo rodas para patíns. Un informe de 2002 para os deportes estadounidenses estimou que había 40,5 millóns de skaters en todo o mundo, 84% menores de 18 anos, dos cales 74% eran homes e 26% mulleres.
As táboas están feitas cunha madeira moi resistente. Hai tamén táboas de aluminio e fibra de vidro. As táboas utilizadas actualmente son o maple canadense.
As táboas teñen xeralmente de:
Lonxitude: Para as placas dos patín tradicionais 83 cm de lonxitude. A xente pequena debe escoller táboas máis curtas para obter mellor control.
Ancho: A anchura da maior parte dos patíns está entre 19-21 cm. As táboas máis anchas teñen maior estabilidade, equilibrio e control.
Forma: A maioría dos patíns teñen un nariz, cola e extremidades levantados.
Espero que bos gustase a miña entrada! Ata a próxima!
Feita por: Patricia Garcia Rodríguez.

domingo, 27 de mayo de 2012

Hola,  hoxe vos vou falar dun deporte extremo, como é chamado noso blog, o deporte do que vos vou a falar chámase montañismo. O montañismo trátase dun deporte que consiste en escalar por unha montaña sen caer en ningún momento. O montañismo din que é un deporte, pero os profesionais prefiren decir que para eles é un estilo de vida. Para realizar este deporte é necesario ter a alimentación necesaria, vestimenta necesaria, accesorios básicos que necesites e tamén o equipo de acampada. É un deporte con moito risco, porque non depende só do teu físico, se non das condicións metereolóxicas, como póden ser o vento, o frío, ou tamén o pouco nivel de osíxeno que pode haber en sitios con moita altura. Pode haber xente que lle guste polo rísco, pero sole ser moi raro; a case toda a xente que non lle gusta é precisamente por iso, polo rísco. A mín gústame un pouco pero creo que nunca o vou a practicar, porque dame moito medo. Bueno pues está é a entrada que fixen hoxe, espero que a nosos lectores lles guste moito. Esta entrada sobre o deporte extremo chamado monañismo ou alpinismo esta feita por Iago Seijo Rodríguez.

jueves, 24 de mayo de 2012

O ESQUÍ ACROBÁTICO

É unha proba deportiva de esquí, na que os esquiadores, maís ca súa velocidade, teñen que poñer a porba as súas habilidades sobre a neve. Existiron dúas grandes especialidades diferenciadas, el aerial, no que se efectúan saltos acrobáticos que son valorados por un xurado ; e o mogul, na que se descende por unha escarpada, pendente de neve plagada de baches e montículos (bumps), ao longo da que teñen que efectuar diversos saltos acrobáticos.
Esta modalidade de esquí empezou nos anos 1930, cando esquiadores noruegos empezaron a realizar acrobacias durante entrenamientos de esquí alpino y nórdico.
Máis tarde empezáronse a realizar exhibicións de esquiadores non profesionais nos Estados Unidos, dando forma ó que máis tarde se chamaría esquí acrobático, ou de estilo libre. O esquí aerial desenrolouse, maís ou menos sobre o ano 1950, polo medallista de ouro olímpico Stein Erikssen.
O esquí acrobático continuou a súa profesión ao longo dos anos 60 e 70. As normas das versións libres eran moi abertas, ou simplemente carecíase delas, sendo un deporte de alto risco, con frecuentes lesións de rodilla entre os deportistas profesionais.
A federación internacional de esquí recoñecen o esquí acrobático como deporte no ano 1979, e estableceu novos reglamentos e criterios de certificación de atletas e técnicas de salto, tratando de eliminar no posible os maiores perigos de risco das competicións. As primeiras series da copa do mundo disputáronse no ano 1980, e o primeiro campeonato mundial tivo lugar no ano 1996, en Tignes, Francia. O esquí acrobático foi un evento de demostración nos xogos olímpicos de calgary no ano 1988 a especialidade mogul ( nunha pista con múltiples montículos chamados - moguls ). Engadiuse ao programa olímpico nos xogos de 1992, e os aerial nos xogos de 1994.
Feita por : Paula Pérez Rubinos.

lunes, 21 de mayo de 2012

O Surf.

   Bos días, eu son Patricia e hoxe vos vou falar dun deporte extremo bastante coñecido, o surf.
O surf é un deporte extremo que consiste en desprazarse sobre as ondas do mar de pé sobre unha táboa adaptada para facer este deporte, dirixíndose cunhas pezas chamadas quillas situadas na parte inferior  traseira da táboa. Este deporte pode ser arriscado por posibles lesións que poden ser por non tomar as precaucións necesarias. Unha moza chamada Bethany Hamilton perdeu o seu brazo esquerdo tras un ataque de quenlla. Sen embargo, non hai un gran numero de lesións no surf. O uso da cinta ligada á táboa impide que as táboas dos propietarios que caen non choquen cos outros surfistas facéndoos caer.

   A dificultade deste deporte extremo é tanto en velocidade, como no tamaño e forma das ondas. As ondas apropiadas para navegar ao estilo do surf son as que evolucionan e rómpense facendo que a parede e a espuma diríxase cara a dereita ou a esquerda.
 Algunhas partes das ondas son:
Parede: Esta parte da onda e na que navega o surfista.
Brazo: A lonxitude da parte surfeable da onda.
Oco: Parte da onda na que se pode coller mais velocidade ao pasar sobre ela coa táboa.
Cresta: Parte superior da onda.
Espero que vos halla gustado a miña entrada, bicos e hasta a próxima.

Feita por: Patricia Garcia Rodríguez.

martes, 15 de mayo de 2012

O MONTAÑISMO

O montañismo é unha disciplina deportiva que consiste en realizar ascensións nas montañas. É tamén o conxunto de técnicas, coñecementos e habilidades orientadas á realización deste obxetivo. O montañismo é un deporte, pero os que o realizan están convencidos de que é moito máis : é un estilo de vida e de ver o mundo que os rodea.
O montañismo atópase dividido en 12 especialidades : media montaña, alta montaña, expedicións, escalada deportiva, escalada clásica (subdividida en escalada de roca e en xeo) esquí de travesía, barranquismo, duatlón en montaña, media maratón de montaña e maratón de montaña.
O que ascende as montañas chámase montañeiro, aínda que o que fai montañismo de altura, as veces, chámaselle alpinista.
O montañismo válese dunha vestimenta particular e dun conxunto de accesorios e artefactos coñecidos como "equipo". Búscanse obxetos útiles e portátiles, con menos peso e volume posible. Un bo montañista debe ter no seu equipo : tenda de campaña, saco de durmir, mochila (resistente e impermeable), navalla, cordas, linterna, silvato (por si se produce un accidente poder avisar a os compañeiros) mapas e brúxula, cremas solares, calzado moi cómodo e resistente, roupa lixeira e que protexa das consecuencias do tempo, sombreiro e gafas, pañuelo e un pequeno botiquín. É importante tamén un bon bastón de camiñata de aluminio ou bambú e os piolets e crampous para as superficies xeadas.
Feita por : Paula Pérez Rubinos.

miércoles, 9 de mayo de 2012

Parkour en bicicleta

Ola, son Patricia, e hoxe vos vou falar sobre un deporte extremo que e parkour en bicicleta. O parkour en bicicleta é como o normal, pero moito máis difícil e perigoso. Non o intente porque aun que parece divertido e moi perigoso e arrisgado. Hai que ter moita técnica, un único fallo e te podes caer e quedar mal herido. Imaxina que alguén está practicando este deporte saltando dun sitio de moita altura a outro un pouco mais alto. Calquera fallo e pode caer desde moita altura e seria  peor  se lle caera a bicicleta enriba, esa persoa pode perder a vida. É por iso hai que ter moita práctica, unha boa protección (sobre todo un casco) e roupa cómoda para ter máis axilidade. Pero moitas persoas que practican o deporte non  usan nin un casco e iso non e seguro. Este deporte se pode facer en calquera lugar con obstáculos, mesmo por exemplo nun parque acuático abandonado. É divertido velo por que e moi extraño ver como unha persoa vai saltando os obstáculos, facendo equilibrio enriba dos obstáculos, facendo trucos coa bicicleta. Eu solo o vin unha vez nunha excursión de final de curso en Madrid cos meus compañeiros do colexio. Espero que lles gustase a entrada que e feito sobre este deporte extremo. Seguide visitando o noso blog de deportes extremo!
Feita por: Patricia Garcia Rodríguez.

domingo, 6 de mayo de 2012

O PIRAGUISMO

O piraguismo, canotaxe ou canoa kayak é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de fibras de kevlar ou carbono en embarcacións de competición.
A embarcación é propulsada por unha, dúas ou catro persoas (pero non tres) cunha pala (tamén chamada remo polas persoas que descoñecen este deporte). As principais embarcacións utilizadas son o kayak, propulsado por unha pala de dúas follas, e a canoa, propulsada por unha pala de unha soa folla.
O piraguismo é un deporte de temporada, é decir, non hai competicións todo o ano. Normalmente a época de competicións é durante os meses de vrao, sin embargo, os entrenamentos realízanse durante todo o ano.
Este deporte divídese en categorías tendo en conta a idade dos seus competidores (alevín, infantil, cadete, junior e senior) e sexo. A división por idade establece a distancia que se rema en cada categoría (a distancia vai aumentando conforme se vai subindo de categoría) a máis idade máis distancia. Existen diferentes modalidades de piraguismo ou canotaxe, dependendo do tipo de embarcación que se utilice, o número de persoas que monten nela ou da superficie acuática sobre a que se desenrole como por exemplo : no mar, no río, no lago ou pista artificial.
Feita por : Paula Pérez Rubinos.






jueves, 3 de mayo de 2012

Ola, hoxe vos vou falar dun deporte extremo chamado o paracaidísmo. O paracaidísmo se trata dunha técnica de salto con paracaidísmo. Pódese saltar desde un avión, helicóptero ou desde un globo aeroestático. É un deporte de riesgo porque pode haber problemas como que non che funcione o paracaídas no momento adecuado ou que che entren os nervios e o resultado pode ser con feridas graves ou incluso coa morte. Tamén para algunhas persoas lles resulta bastante divertido é entretido sobretodo para os profesionais ; para outras persoas lles resulta perigoso e teñen medo por acabar con feridas ou lesións. O equipo que se utiliza para realizar o paracaidísmo son: casco, guantes, gafas, o paracaídas, e un paracaidas de sobre por se acaso ocorre algo con perigo o se existe algún erro. Non resulta ser un deporte moi común e non o realiza moita xente, pero é divertido e tamén é entretido. A min este deporte extremo chamado o paracaidismo gustame moito moito. Elexin este tema e fixen esta entrada porque o deporte do que falei me resulta moi bonito e entretido, pero sobretodo perigoso e a min o perigo gústanme moito. Bueno me despido de vós nosos lectores, espero que vos guste a miña entrada, un saúdo.
Feita por: Iago Seijo Rodríguez