O piraguismo, canotaxe ou canoa kayak é un deporte acuático que se practica sobre unha embarcación lixeira, normalmente de fibras de kevlar ou carbono en embarcacións de competición.
A embarcación é propulsada por unha, dúas ou catro persoas (pero non tres) cunha pala (tamén chamada remo polas persoas que descoñecen este deporte). As principais embarcacións utilizadas son o kayak, propulsado por unha pala de dúas follas, e a canoa, propulsada por unha pala de unha soa folla.
O piraguismo é un deporte de temporada, é decir, non hai competicións todo o ano. Normalmente a época de competicións é durante os meses de vrao, sin embargo, os entrenamentos realízanse durante todo o ano.
Este deporte divídese en categorías tendo en conta a idade dos seus competidores (alevín, infantil, cadete, junior e senior) e sexo. A división por idade establece a distancia que se rema en cada categoría (a distancia vai aumentando conforme se vai subindo de categoría) a máis idade máis distancia. Existen diferentes modalidades de piraguismo ou canotaxe, dependendo do tipo de embarcación que se utilice, o número de persoas que monten nela ou da superficie acuática sobre a que se desenrole como por exemplo : no mar, no río, no lago ou pista artificial.
Feita por : Paula Pérez Rubinos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario