martes, 15 de mayo de 2012

O MONTAÑISMO

O montañismo é unha disciplina deportiva que consiste en realizar ascensións nas montañas. É tamén o conxunto de técnicas, coñecementos e habilidades orientadas á realización deste obxetivo. O montañismo é un deporte, pero os que o realizan están convencidos de que é moito máis : é un estilo de vida e de ver o mundo que os rodea.
O montañismo atópase dividido en 12 especialidades : media montaña, alta montaña, expedicións, escalada deportiva, escalada clásica (subdividida en escalada de roca e en xeo) esquí de travesía, barranquismo, duatlón en montaña, media maratón de montaña e maratón de montaña.
O que ascende as montañas chámase montañeiro, aínda que o que fai montañismo de altura, as veces, chámaselle alpinista.
O montañismo válese dunha vestimenta particular e dun conxunto de accesorios e artefactos coñecidos como "equipo". Búscanse obxetos útiles e portátiles, con menos peso e volume posible. Un bo montañista debe ter no seu equipo : tenda de campaña, saco de durmir, mochila (resistente e impermeable), navalla, cordas, linterna, silvato (por si se produce un accidente poder avisar a os compañeiros) mapas e brúxula, cremas solares, calzado moi cómodo e resistente, roupa lixeira e que protexa das consecuencias do tempo, sombreiro e gafas, pañuelo e un pequeno botiquín. É importante tamén un bon bastón de camiñata de aluminio ou bambú e os piolets e crampous para as superficies xeadas.
Feita por : Paula Pérez Rubinos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario