lunes, 21 de mayo de 2012

O Surf.

   Bos días, eu son Patricia e hoxe vos vou falar dun deporte extremo bastante coñecido, o surf.
O surf é un deporte extremo que consiste en desprazarse sobre as ondas do mar de pé sobre unha táboa adaptada para facer este deporte, dirixíndose cunhas pezas chamadas quillas situadas na parte inferior  traseira da táboa. Este deporte pode ser arriscado por posibles lesións que poden ser por non tomar as precaucións necesarias. Unha moza chamada Bethany Hamilton perdeu o seu brazo esquerdo tras un ataque de quenlla. Sen embargo, non hai un gran numero de lesións no surf. O uso da cinta ligada á táboa impide que as táboas dos propietarios que caen non choquen cos outros surfistas facéndoos caer.

   A dificultade deste deporte extremo é tanto en velocidade, como no tamaño e forma das ondas. As ondas apropiadas para navegar ao estilo do surf son as que evolucionan e rómpense facendo que a parede e a espuma diríxase cara a dereita ou a esquerda.
 Algunhas partes das ondas son:
Parede: Esta parte da onda e na que navega o surfista.
Brazo: A lonxitude da parte surfeable da onda.
Oco: Parte da onda na que se pode coller mais velocidade ao pasar sobre ela coa táboa.
Cresta: Parte superior da onda.
Espero que vos halla gustado a miña entrada, bicos e hasta a próxima.

Feita por: Patricia Garcia Rodríguez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario